Ir o contido principal

Taxa de participación no PGDPCM

Taxa de participación no Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama, en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.

As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre este cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria. 

A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses).

A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.

No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Porcentaxe
2006 Provincia 36 Pontevedra 80,28
2006 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 81,45
2006 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 82,73
2006 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 78,86
2006 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 79,10
2006 Área sanitaria FE Ferrol 78,41
2006 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 83,91
2006 Área sanitaria VI Vigo 81,48
2005 Comunidade 12 Galicia 74,61
2005 Provincia 15 A Coruña 76,08
2005 Provincia 27 Lugo 82,78
2005 Provincia 32 Ourense 79,58
2005 Provincia 36 Pontevedra 67,78
2005 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 71,82
2005 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 82,78
2005 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 79,58
2005 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 85,94
2005 Área sanitaria FE Ferrol 86,10
2005 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 82,21
2005 Área sanitaria VI Vigo 59,39
2004 Comunidade 12 Galicia 81,82
2004 Provincia 15 A Coruña 83,50
2004 Provincia 27 Lugo 78,17
2004 Provincia 32 Ourense 79,85
2004 Provincia 36 Pontevedra 82,08
2004 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 84,59
2004 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 78,17
2004 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 79,85
2004 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 79,52
2004 Área sanitaria FE Ferrol 83,24
2004 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 80,60
2004 Área sanitaria VI Vigo 84,84
2003 Comunidade 12 Galicia 75,28
2003 Provincia 15 A Coruña 78,13
2003 Provincia 27 Lugo 75,49
2003 Provincia 32 Ourense 73,87
2003 Provincia 36 Pontevedra 72,33
2003 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 82,36
2003 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 75,49
2003 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 73,87
2003 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 78,81
2003 Área sanitaria FE Ferrol 76,72
2003 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 75,21
2003 Área sanitaria VI Vigo 69,28
2002 Comunidade 12 Galicia 74,56
2002 Provincia 15 A Coruña 74,24
2002 Provincia 27 Lugo 77,94
2002 Provincia 32 Ourense 74,53
2002 Provincia 36 Pontevedra 73,92
2002 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 71,36