Ir o contido principal

Número de persoas con invitación válida no PGDPCC

Número de persoas con invitación válida no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC).

En Galicia iníciase no ano 2013 a implantación do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC), completando a súa extensión xeográfica no ano 2019 e adiantándose 5 anos ao obxectivo proposto polo Ministerio de Sanidade. A invitación á poboación diana (homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia e con tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde) faise a través dunha carta ao domicilio, acompañada dun folleto explicativo xunto co material necesario para a toma da mostra das feces, que pode depositar en calquera centro de saúde da súa área de residencia, dende onde se remite ao laboratorio de referencia.

Se non se atopan restos de sangue nas feces, a proba considérase normal e en dous anos envíase de novo un kit para a nova recollida da mostra sen necesidade de nova carta de invitación. O participante entraría na súa segunda rolda de participación. Na actualidade, esta información envíase a través dunha mensaxe SMS ao teléfono móbil das persoas subscritas a este tipo de comunicación co SERGAS, ademais de estar dispoñible na plataforma É-Saúde. Por outra parte, as persoas nas que se detectan indicios de sangue oculta nas feces (o que consideramos resultado positivo), son citadas na consulta de atención primaria para explicarlles o significado deste resultado e a necesidade de realizar unha colonoscopia. Posteriormente, no hospital de referencia realízaselles unha colonoscopia de cribado, a cal ten carácter de diagnóstico e tamén terapéutico, xa que se trata de visualizar e extirpar todas as lesións detectadas.

Unha vez realizada a colonoscopia e extirpadas, de ser o caso, as lesións suxestivas de malignidade, o Programa realiza unha avaliación individual do risco en función do resultado da Anatomía Patolóxica, establecendo o seguimento adecuado para cada persoa segundo o establecido nas guías de calidade vixentes. Este resultado da avaliación comunícase por carta á persoa interesada. No caso de detección de cancro nalgún pólipo ou biopsia, o Programa xestiona directamente unha cita no servizo de dixestivo ou en cirurxía. As persoas que precisan un seguimento mediante colonoscopia continúan no Programa ata os 75 anos, formando parte da actividade rutineira do programa de cribado.

Este programa implica a actuación coordinada de Atención Primaria, Atención Hospitalaria e a Dirección Xeral de Saúde Pública. Todos os centros de saúde de Galicia que contan con circuíto de envío de mostras ao laboratorio participan no Programa. Ademais, nos centros de saúde lévanse a cabo as consultas de precolonoscopia dos casos positivos no test de SOF. Nos 7 hospitais de referencia, un por cada área sanitaria, analízanse as mostras de SOF, realízanse as colonoscopias dos casos con indicios de sangue e faise a análise anatomopatolóxica das mostras extirpadas na colonoscopia e tamén o tratamento das persoas cun diagnóstico de CCR. Na Dirección Xeral de Saúde Pública está centralizada toda a coordinación e xestión do Programa: envío de cartas de invitación, comunicación de resultados, envío de test, xestión de citas, seguimento de todas as persoas obxecto de cribado e avaliación dos resultados do Programa.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Sexo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Sexo Total
2024 Comunidade 12 Galicia Homes 126.639
2024 Comunidade 12 Galicia Mulleres 139.858
2024 Comunidade 12 Galicia Total 266.497
2024 Área sanitaria FE Ferrol Homes 9.485
2024 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 10.248
2024 Área sanitaria FE Ferrol Total 19.733
2024 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 13.569
2024 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 14.988
2024 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 28.557
2024 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 13.681
2024 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 14.989
2024 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 28.670
2024 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 14.493
2024 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 16.192
2024 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 30.685
2024 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 22.710
2024 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 24.655
2024 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 47.365
2024 Área sanitaria VI Vigo Homes 30.275
2024 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 33.744
2024 Área sanitaria VI Vigo Total 64.019
2024 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 22.426
2024 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 25.042
2024 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 47.468
2023 Comunidade 12 Galicia Homes 196.643
2023 Comunidade 12 Galicia Mulleres 218.813
2023 Comunidade 12 Galicia Total 415.456
2023 Área sanitaria FE Ferrol Homes 12.716
2023 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 14.214
2023 Área sanitaria FE Ferrol Total 26.930
2023 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 22.758
2023 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 25.406
2023 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 48.164
2023 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 21.740
2023 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 24.857
2023 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 46.597
2023 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 25.458
2023 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 26.496
2023 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 51.954
2023 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 32.106
2023 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 35.532
2023 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 67.638
2023 Área sanitaria VI Vigo Homes 38.716
2023 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 43.037
2023 Área sanitaria VI Vigo Total 81.753
2023 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 43.149
2023 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 49.271
2023 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 92.420
2022 Comunidade 12 Galicia Homes 111.429
2022 Comunidade 12 Galicia Mulleres 124.939