Ir o contido principal

Número de persoas con invitación válida no PGDPCC

Número de persoas con invitación válida no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC).

En Galicia iníciase no ano 2013 a implantación do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC), completando a súa extensión xeográfica no ano 2019 e adiantándose 5 anos ao obxectivo proposto polo Ministerio de Sanidade. A invitación á poboación diana (homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia e con tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde) faise a través dunha carta ao domicilio, acompañada dun folleto explicativo xunto co material necesario para a toma da mostra das feces, que pode depositar en calquera centro de saúde da súa área de residencia, dende onde se remite ao laboratorio de referencia.

Se non se atopan restos de sangue nas feces, a proba considérase normal e en dous anos envíase de novo un kit para a nova recollida da mostra sen necesidade de nova carta de invitación. O participante entraría na súa segunda rolda de participación. Na actualidade, esta información envíase a través dunha mensaxe SMS ao teléfono móbil das persoas subscritas a este tipo de comunicación co SERGAS, ademais de estar dispoñible na plataforma É-Saúde. Por outra parte, as persoas nas que se detectan indicios de sangue oculta nas feces (o que consideramos resultado positivo), son citadas na consulta de atención primaria para explicarlles o significado deste resultado e a necesidade de realizar unha colonoscopia. Posteriormente, no hospital de referencia realízaselles unha colonoscopia de cribado, a cal ten carácter de diagnóstico e tamén terapéutico, xa que se trata de visualizar e extirpar todas as lesións detectadas.

Unha vez realizada a colonoscopia e extirpadas, de ser o caso, as lesións suxestivas de malignidade, o Programa realiza unha avaliación individual do risco en función do resultado da Anatomía Patolóxica, establecendo o seguimento adecuado para cada persoa segundo o establecido nas guías de calidade vixentes. Este resultado da avaliación comunícase por carta á persoa interesada. No caso de detección de cancro nalgún pólipo ou biopsia, o Programa xestiona directamente unha cita no servizo de dixestivo ou en cirurxía. As persoas que precisan un seguimento mediante colonoscopia continúan no Programa ata os 75 anos, formando parte da actividade rutineira do programa de cribado.

Este programa implica a actuación coordinada de Atención Primaria, Atención Hospitalaria e a Dirección Xeral de Saúde Pública. Todos os centros de saúde de Galicia que contan con circuíto de envío de mostras ao laboratorio participan no Programa. Ademais, nos centros de saúde lévanse a cabo as consultas de precolonoscopia dos casos positivos no test de SOF. Nos 7 hospitais de referencia, un por cada área sanitaria, analízanse as mostras de SOF, realízanse as colonoscopias dos casos con indicios de sangue e faise a análise anatomopatolóxica das mostras extirpadas na colonoscopia e tamén o tratamento das persoas cun diagnóstico de CCR. Na Dirección Xeral de Saúde Pública está centralizada toda a coordinación e xestión do Programa: envío de cartas de invitación, comunicación de resultados, envío de test, xestión de citas, seguimento de todas as persoas obxecto de cribado e avaliación dos resultados do Programa.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Sexo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Sexo Total
2022 Comunidade 12 Galicia Total 236.368
2022 Área sanitaria FE Ferrol Homes 8.889
2022 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 9.972
2022 Área sanitaria FE Ferrol Total 18.861
2022 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 12.422
2022 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 13.878
2022 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 26.300
2022 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 12.015
2022 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 13.682
2022 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 25.697
2022 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 12.116
2022 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 13.373
2022 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 25.489
2022 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 18.694
2022 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 20.025
2022 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 38.719
2022 Área sanitaria VI Vigo Homes 26.177
2022 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 29.988
2022 Área sanitaria VI Vigo Total 56.165
2022 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 21.116
2022 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 24.021
2022 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 45.137
2021 Comunidade 12 Galicia Homes 257.725
2021 Comunidade 12 Galicia Mulleres 284.468
2021 Comunidade 12 Galicia Total 542.193
2021 Área sanitaria FE Ferrol Homes 17.104
2021 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 18.818
2021 Área sanitaria FE Ferrol Total 35.922
2021 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 30.229
2021 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 32.872
2021 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 63.101
2021 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 27.144
2021 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 30.550
2021 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 57.694
2021 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 33.809
2021 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 34.917
2021 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 68.726
2021 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 42.696
2021 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 47.309
2021 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 90.005
2021 Área sanitaria VI Vigo Homes 53.294
2021 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 59.479
2021 Área sanitaria VI Vigo Total 112.773
2021 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 53.449
2021 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 60.523
2021 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 113.972
2020 Comunidade 12 Galicia Homes 35.312
2020 Comunidade 12 Galicia Mulleres 39.838
2020 Comunidade 12 Galicia Total 75.150
2020 Área sanitaria FE Ferrol Homes 3.873