Ir o contido principal

Número de persoas con invitación válida no PGDPCC

Número de persoas con invitación válida no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC).

En Galicia iníciase no ano 2013 a implantación do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC), completando a súa extensión xeográfica no ano 2019 e adiantándose 5 anos ao obxectivo proposto polo Ministerio de Sanidade. A invitación á poboación diana (homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia e con tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde) faise a través dunha carta ao domicilio, acompañada dun folleto explicativo xunto co material necesario para a toma da mostra das feces, que pode depositar en calquera centro de saúde da súa área de residencia, dende onde se remite ao laboratorio de referencia.

Se non se atopan restos de sangue nas feces, a proba considérase normal e en dous anos envíase de novo un kit para a nova recollida da mostra sen necesidade de nova carta de invitación. O participante entraría na súa segunda rolda de participación. Na actualidade, esta información envíase a través dunha mensaxe SMS ao teléfono móbil das persoas subscritas a este tipo de comunicación co SERGAS, ademais de estar dispoñible na plataforma É-Saúde. Por outra parte, as persoas nas que se detectan indicios de sangue oculta nas feces (o que consideramos resultado positivo), son citadas na consulta de atención primaria para explicarlles o significado deste resultado e a necesidade de realizar unha colonoscopia. Posteriormente, no hospital de referencia realízaselles unha colonoscopia de cribado, a cal ten carácter de diagnóstico e tamén terapéutico, xa que se trata de visualizar e extirpar todas as lesións detectadas.

Unha vez realizada a colonoscopia e extirpadas, de ser o caso, as lesións suxestivas de malignidade, o Programa realiza unha avaliación individual do risco en función do resultado da Anatomía Patolóxica, establecendo o seguimento adecuado para cada persoa segundo o establecido nas guías de calidade vixentes. Este resultado da avaliación comunícase por carta á persoa interesada. No caso de detección de cancro nalgún pólipo ou biopsia, o Programa xestiona directamente unha cita no servizo de dixestivo ou en cirurxía. As persoas que precisan un seguimento mediante colonoscopia continúan no Programa ata os 75 anos, formando parte da actividade rutineira do programa de cribado.

Este programa implica a actuación coordinada de Atención Primaria, Atención Hospitalaria e a Dirección Xeral de Saúde Pública. Todos os centros de saúde de Galicia que contan con circuíto de envío de mostras ao laboratorio participan no Programa. Ademais, nos centros de saúde lévanse a cabo as consultas de precolonoscopia dos casos positivos no test de SOF. Nos 7 hospitais de referencia, un por cada área sanitaria, analízanse as mostras de SOF, realízanse as colonoscopias dos casos con indicios de sangue e faise a análise anatomopatolóxica das mostras extirpadas na colonoscopia e tamén o tratamento das persoas cun diagnóstico de CCR. Na Dirección Xeral de Saúde Pública está centralizada toda a coordinación e xestión do Programa: envío de cartas de invitación, comunicación de resultados, envío de test, xestión de citas, seguimento de todas as persoas obxecto de cribado e avaliación dos resultados do Programa.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Sexo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Sexo Total
2018 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 17.794
2018 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 19.570
2018 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 37.364
2018 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 14.486
2018 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 16.116
2018 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 30.602
2018 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 19.457
2018 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 19.524
2018 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 38.981
2018 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 28.927
2018 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 29.242
2018 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 58.169
2018 Área sanitaria VI Vigo Homes 37.628
2018 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 42.056
2018 Área sanitaria VI Vigo Total 79.684
2018 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 35.055
2018 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 38.269
2018 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 73.324
2017 Comunidade 12 Galicia Homes 101.049
2017 Comunidade 12 Galicia Mulleres 109.773
2017 Comunidade 12 Galicia Total 210.822
2017 Área sanitaria FE Ferrol Homes 10.822
2017 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 12.026
2017 Área sanitaria FE Ferrol Total 22.848
2017 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 17.201
2017 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 18.744
2017 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 35.945
2017 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 16.205
2017 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 17.668
2017 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 33.873
2017 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 18.970
2017 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 19.046
2017 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 38.016
2017 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 21.147
2017 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 23.658
2017 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 44.805
2017 Área sanitaria VI Vigo Homes 8.445
2017 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 9.699
2017 Área sanitaria VI Vigo Total 18.144
2017 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 8.259
2017 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 8.932
2017 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 17.191
2016 Comunidade 12 Galicia Homes 53.478
2016 Comunidade 12 Galicia Mulleres 58.516
2016 Comunidade 12 Galicia Total 111.994
2016 Área sanitaria FE Ferrol Homes 10.131
2016 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 11.323
2016 Área sanitaria FE Ferrol Total 21.454
2016 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 18.681
2016 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 19.718