Ir o contido principal

Porcentaxe de persoas con cancro en estadio 0 e I do total con cancro PGDPCM

Porcentaxe de persoas con cancro en estadio 0 e I do total con cancro como parte do Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama, en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.

As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre este cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria. 

A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses). 

A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.

No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Porcentaxe
2024 Comunidade 12 Galicia 71,90
2024 Provincia 15 A Coruña 75,10
2024 Provincia 27 Lugo 68,80
2024 Provincia 32 Ourense 76,70
2024 Provincia 36 Pontevedra 78,30
2024 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 69,60
2024 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 74,70
2024 Área sanitaria FE Ferrol 59,00
2024 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 68,80
2024 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 76,70
2024 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 73,10
2024 Área sanitaria VI Vigo 78,30
2023 Comunidade 12 Galicia 68,30
2023 Provincia 15 A Coruña 65,20
2023 Provincia 27 Lugo 71,70
2023 Provincia 32 Ourense 72,30
2023 Provincia 36 Pontevedra 69,60
2023 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 65,80
2023 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 63,50
2023 Área sanitaria FE Ferrol 66,20
2023 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 71,70
2023 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 72,30
2023 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 69,10
2023 Área sanitaria VI Vigo 69,90
2022 Comunidade 12 Galicia 67,20
2022 Provincia 15 A Coruña 68,40
2022 Provincia 27 Lugo 64,80
2022 Provincia 32 Ourense 71,30
2022 Provincia 36 Pontevedra 63,20
2022 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 63,40
2022 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 68,10
2022 Área sanitaria FE Ferrol 73,30
2022 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 64,70
2022 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 71,40
2022 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 63,90
2022 Área sanitaria VI Vigo 62,80
2021 Comunidade 12 Galicia 68,60
2021 Provincia 15 A Coruña 72,62
2021 Provincia 27 Lugo 65,75
2021 Provincia 32 Ourense 71,95
2021 Provincia 36 Pontevedra 65,17
2021 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 71,30
2021 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 74,40
2021 Área sanitaria FE Ferrol 68,50
2021 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 64,00
2021 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 72,00
2021 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 58,90
2021 Área sanitaria VI Vigo 67,80
2020 Comunidade 12 Galicia 72,40
2020 Provincia 15 A Coruña 71,37