Ir o contido principal

Porcentaxe de persoas con cancro en estadio 0 e I do total con cancro PGDPCM

Porcentaxe de persoas con cancro en estadio 0 e I do total con cancro como parte do Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama, en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.

As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre este cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria. 

A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses). 

A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.

No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Porcentaxe
2020 Provincia 27 Lugo 71,76
2020 Provincia 32 Ourense 80,26
2020 Provincia 36 Pontevedra 71,35
2020 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 70,10
2020 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 76,10
2020 Área sanitaria FE Ferrol 62,20
2020 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 71,80
2020 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 80,30
2020 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 70,00
2020 Área sanitaria VI Vigo 72,20
2019 Comunidade 12 Galicia 71,10
2019 Provincia 15 A Coruña 71,63
2019 Provincia 27 Lugo 82,35
2019 Provincia 32 Ourense 62,32
2019 Provincia 36 Pontevedra 72,00
2019 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 75,70
2019 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 70,80
2019 Área sanitaria FE Ferrol 55,60
2019 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 82,40
2019 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 62,30
2019 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 70,40
2019 Área sanitaria VI Vigo 72,10
2018 Comunidade 12 Galicia 71,00
2018 Provincia 15 A Coruña 71,19
2018 Provincia 27 Lugo 70,33
2018 Provincia 32 Ourense 72,13
2018 Provincia 36 Pontevedra 72,76
2018 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 72,70
2018 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 66,90
2018 Área sanitaria FE Ferrol 76,20
2018 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 68,80
2018 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 72,10
2018 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 64,40
2018 Área sanitaria VI Vigo 75,30
2017 Comunidade 12 Galicia 67,30
2017 Provincia 15 A Coruña 73,75
2017 Provincia 27 Lugo 60,32
2017 Provincia 32 Ourense 66,67
2017 Provincia 36 Pontevedra 67,50
2017 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 76,50
2017 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 64,60
2017 Área sanitaria FE Ferrol 74,50
2017 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 55,90
2017 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 66,70
2017 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 66,70
2017 Área sanitaria VI Vigo 64,70
2016 Comunidade 12 Galicia 65,70
2016 Provincia 15 A Coruña 62,96
2016 Provincia 27 Lugo 67,74
2016 Provincia 32 Ourense 75,00