Ir o contido principal

Porcentaxe de persoas con cancro en estadio 0 e I do total con cancro PGDPCM

Porcentaxe de persoas con cancro en estadio 0 e I do total con cancro como parte do Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama, en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.

As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre este cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria. 

A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses). 

A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.

No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Porcentaxe
2014 Provincia 15 A Coruña 69,48
2014 Provincia 27 Lugo 66,67
2014 Provincia 32 Ourense 76,92
2014 Provincia 36 Pontevedra 71,10
2013 Comunidade 12 Galicia 72,50
2013 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 78,60
2013 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 72,00
2013 Área sanitaria FE Ferrol 67,90
2013 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 64,20
2013 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 74,30
2013 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 68,40
2013 Área sanitaria VI Vigo 74,20
2013 Provincia 15 A Coruña 74,79
2013 Provincia 27 Lugo 64,15
2013 Provincia 32 Ourense 74,29
2013 Provincia 36 Pontevedra 72,12
2012 Comunidade 12 Galicia 67,00
2012 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 62,60
2012 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 61,50
2012 Área sanitaria FE Ferrol 72,30
2012 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 70,40
2012 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 77,20
2012 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 66,70
2012 Área sanitaria VI Vigo 67,80
2012 Provincia 15 A Coruña 65,13
2012 Provincia 27 Lugo 71,70
2012 Provincia 32 Ourense 77,19
2012 Provincia 36 Pontevedra 68,48
2011 Comunidade 12 Galicia 69,50
2011 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 66,30
2011 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 71,70
2011 Área sanitaria FE Ferrol 63,60
2011 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 60,70
2011 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 78,20
2011 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 69,50
2011 Área sanitaria VI Vigo 70,60
2011 Provincia 15 A Coruña 68,89
2011 Provincia 27 Lugo 61,67
2011 Provincia 32 Ourense 78,16
2011 Provincia 36 Pontevedra 70,90
2010 Comunidade 12 Galicia 63,60
2010 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 64,90
2010 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 60,00
2010 Área sanitaria FE Ferrol 67,70
2010 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 70,30
2010 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 69,60
2010 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 64,80
2010 Área sanitaria VI Vigo 53,80
2010 Provincia 15 A Coruña 65,53
2010 Provincia 27 Lugo 71,43