Número de mulleres convidadas no PGDPCM
Número de mulleres convidadas no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).
Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das «Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama» en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.
As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre el cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria.
A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses).
A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.
No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Total |
---|---|---|---|---|
2023 | Comunidade | 12 | Galicia | 230.748 |
2023 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 46.341 |
2023 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 27.163 |
2023 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 28.865 |
2023 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 28.999 |
2023 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 17.220 |
2023 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 35.610 |
2023 | Área sanitaria | VI | Vigo | 46.550 |
2022 | Comunidade | 12 | Galicia | 180.085 |
2022 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 42.853 |
2022 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 21.956 |
2022 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 18.131 |
2022 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 16.112 |
2022 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 11.662 |
2022 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 30.995 |
2022 | Área sanitaria | VI | Vigo | 38.376 |
2021 | Comunidade | 12 | Galicia | 203.399 |
2021 | Provincia | 15 | A Coruña | 80.794 |
2021 | Provincia | 27 | Lugo | 21.193 |
2021 | Provincia | 32 | Ourense | 24.943 |
2021 | Provincia | 36 | Pontevedra | 76.469 |
2021 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 39.624 |
2021 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 21.193 |
2021 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 24.943 |
2021 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 24.964 |
2021 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 11.826 |
2021 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 34.910 |
2021 | Área sanitaria | VI | Vigo | 45.939 |
2020 | Comunidade | 12 | Galicia | 165.859 |
2020 | Provincia | 15 | A Coruña | 72.342 |
2020 | Provincia | 27 | Lugo | 23.812 |
2020 | Provincia | 32 | Ourense | 17.779 |
2020 | Provincia | 36 | Pontevedra | 51.926 |
2020 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 35.888 |
2020 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 23.812 |
2020 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 17.779 |
2020 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 17.420 |
2020 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 15.257 |
2020 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 24.928 |
2020 | Área sanitaria | VI | Vigo | 30.775 |
2019 | Provincia | 32 | Ourense | 23.668 |
2019 | Provincia | 36 | Pontevedra | 68.165 |
2019 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 37.695 |
2019 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 19.874 |
2019 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 23.668 |
2019 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 21.485 |
2019 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 11.721 |
2019 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 26.666 |
2019 | Área sanitaria | VI | Vigo | 40.954 |
2019 | Comunidade | 12 | Galicia | 182.063 |