Ir o contido principal

Número de mulleres convidadas no PGDPCM

Número de mulleres convidadas no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das «Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama» en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.

As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre el cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria. 

A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses). 

A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.

No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Total
2014 Comunidade 12 Galicia 186.778
2014 Provincia 15 A Coruña 81.790
2014 Provincia 27 Lugo 25.087
2014 Provincia 32 Ourense 21.808
2014 Provincia 36 Pontevedra 58.093
2014 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 38.958
2014 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 25.087
2014 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 21.808
2014 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 19.420
2014 Área sanitaria FE Ferrol 13.013
2014 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 30.969
2014 Área sanitaria VI Vigo 37.523
2013 Comunidade 12 Galicia 167.669
2013 Provincia 15 A Coruña 61.865
2013 Provincia 27 Lugo 18.246
2013 Provincia 32 Ourense 23.512
2013 Provincia 36 Pontevedra 64.046
2013 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 36.573
2013 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 18.246
2013 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 23.512
2013 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 19.534
2013 Área sanitaria FE Ferrol 11.683
2013 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 21.620
2013 Área sanitaria VI Vigo 36.501
2012 Comunidade 12 Galicia 186.065
2012 Provincia 15 A Coruña 83.563
2012 Provincia 27 Lugo 23.873
2012 Provincia 32 Ourense 21.832
2012 Provincia 36 Pontevedra 56.797
2012 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 39.868
2012 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 23.873
2012 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 21.832
2012 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 20.348
2012 Área sanitaria FE Ferrol 12.261
2012 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 32.476
2012 Área sanitaria VI Vigo 35.407
2011 Comunidade 12 Galicia 170.927
2011 Provincia 15 A Coruña 61.667
2011 Provincia 27 Lugo 20.290
2011 Provincia 32 Ourense 24.274
2011 Provincia 36 Pontevedra 64.696
2011 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 29.338
2011 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 20.290
2011 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 24.274
2011 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 19.989
2011 Área sanitaria FE Ferrol 12.635
2011 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 26.004
2011 Área sanitaria VI Vigo 38.397
2010 Comunidade 12 Galicia 152.831
2010 Provincia 15 A Coruña 67.012