Ir o contido principal

Número de mulleres convidadas no PGDPCM

Número de mulleres convidadas no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das «Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama» en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.

As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre el cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria. 

A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses). 

A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.

No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Total
2020 Provincia 27 Lugo 23.812
2020 Provincia 32 Ourense 17.779
2020 Provincia 36 Pontevedra 51.926
2020 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 35.888
2020 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 23.812
2020 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 17.779
2020 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 17.420
2020 Área sanitaria FE Ferrol 15.257
2020 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 24.928
2020 Área sanitaria VI Vigo 30.775
2019 Comunidade 12 Galicia 182.063
2019 Provincia 15 A Coruña 70.356
2019 Provincia 27 Lugo 19.874
2019 Provincia 32 Ourense 23.668
2019 Provincia 36 Pontevedra 68.165
2019 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 37.695
2019 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 19.874
2019 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 23.668
2019 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 21.485
2019 Área sanitaria FE Ferrol 11.721
2019 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 26.666
2019 Área sanitaria VI Vigo 40.954
2018 Comunidade 12 Galicia 206.276
2018 Provincia 15 A Coruña 94.384
2018 Provincia 27 Lugo 28.912
2018 Provincia 32 Ourense 22.078
2018 Provincia 36 Pontevedra 60.902
2018 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 43.264
2018 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 28.912
2018 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 22.078
2018 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 20.679
2018 Área sanitaria FE Ferrol 18.606
2018 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 35.607
2018 Área sanitaria VI Vigo 37.130
2017 Comunidade 12 Galicia 179.366
2017 Provincia 15 A Coruña 70.315
2017 Provincia 27 Lugo 19.538
2017 Provincia 32 Ourense 24.340
2017 Provincia 36 Pontevedra 65.173
2017 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 36.357
2017 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 19.538
2017 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 24.340
2017 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 21.758
2017 Área sanitaria FE Ferrol 12.322
2017 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 27.976
2017 Área sanitaria VI Vigo 37.075
2016 Comunidade 12 Galicia 183.708
2016 Provincia 15 A Coruña 83.568
2016 Provincia 27 Lugo 28.634
2016 Provincia 32 Ourense 20.933