Ir o contido principal

Número de mulleres convidadas no PGDPCM

Número de mulleres convidadas no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das «Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama» en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.

As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre el cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria. 

A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses). 

A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.

No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Total
2002 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 10.837
2002 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 18.802
2002 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 11.167
2002 Área sanitaria FE Ferrol 4.352
2002 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 16.734
2002 Área sanitaria VI Vigo 16.549
2001 Comunidade 12 Galicia 103.534
2001 Provincia 15 A Coruña 39.363
2001 Provincia 27 Lugo 20.732
2001 Provincia 32 Ourense 11.379
2001 Provincia 36 Pontevedra 32.060
2001 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 11.909
2001 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 20.732
2001 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 11.379
2001 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 9.909
2001 Área sanitaria FE Ferrol 10.259
2001 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 17.822
2001 Área sanitaria VI Vigo 21.524
2000 Comunidade 12 Galicia 105.094
2000 Provincia 15 A Coruña 41.649
2000 Provincia 27 Lugo 10.686
2000 Provincia 32 Ourense 18.736
2000 Provincia 36 Pontevedra 34.023
2000 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 25.733
2000 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 10.686
2000 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 18.736
2000 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 10.736
2000 Área sanitaria FE Ferrol 4.480
2000 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 17.228
2000 Área sanitaria VI Vigo 17.495
1999 Comunidade 12 Galicia 101.452
1999 Provincia 15 A Coruña 45.212
1999 Provincia 27 Lugo 16.620
1999 Provincia 32 Ourense 9.087
1999 Provincia 36 Pontevedra 30.533
1999 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 14.597
1999 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 16.620
1999 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 9.087
1999 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 8.430
1999 Área sanitaria FE Ferrol 15.075
1999 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 16.203
1999 Área sanitaria VI Vigo 21.440
1998 Comunidade 12 Galicia 88.576
1998 Provincia 15 A Coruña 36.744
1998 Provincia 27 Lugo 11.158
1998 Provincia 32 Ourense 17.370
1998 Provincia 36 Pontevedra 23.304
1998 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 20.522
1998 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 11.158
1998 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 17.370