Ir o contido principal

Sesións técnicas

A Dirección Xeral de Saúde Pública está a organizar un ciclo de sesións técnicas, coas que pretende mellorar a comunicación na nosa organización, de xeito que se dean a coñecer as liñas de traballo que se están a desenvolver relacionadas co campo da saúde pública e os resultados que reflicten, así como a intercomunicación e cooperación cos diferentes ámbitos asistenciais coas políticas de saúde pública e viceversa.

Compartir o que estamos a facer coas persoas que traballamos neste campo e escoitar as interesantes achegas que se nos fagan desde os diferentes ámbitos da sanidade galega contribúe, sen dúbida, á mellora da calidade dos servizos prestados.

Queremos traballar coa premisa de que a visibilidade da ciencia é fundamental, polo que consideramos preciso dispor dun espazo aberto de intercambio de información e transferencia de coñecemento que permita favorecer, dun xeito dinámico e flexible, a actualización permanente da información.

Estas sesións técnicas celebraranse os martes de 9:15 a 9:30 baixo a modalidade de videoconferencia.

A ligazón para as sesións facilitarase previamente por correo electrónico. De querer participar nelas e non ser unha persoa incluída na listaxe de difusión, pódenos facer chegar a súa solicitude ao enderezo de correo  (Escola.Saude.Publica@sergas.es), ao que tamén pode enviar tanto as achegas técnicas de mellora sobre os temas presentados nas sesións, como as boas prácticas da súa área que considere de interese para seren difundidas nunha sesión técnica.

Escoitar as achegas contribúe, sen dúbida, a poñer en valor o noso traballo cotián e a mellorar a calidade dos servizos prestados; por iso, é moi importante contar coa súa participación activa.