Ir o contido principal

Investigación

Desde a Escola quérese ofrecer unha plataforma facilitadora da investigación no ámbito da saúde pública. 

Para logralo, deberase dar cabida tanto ás actividades investigadoras desenvolvidas polos profesionais do Sistema público de saúde de Galicia, como á participación nesta actividade investigadora de diferentes organismos públicos e privados de distintos ámbitos profesionais e sociais, mediante as fórmulas colaborativas que se establezan. 

A Escola contribuirá á investigación a través de:

  • definir as liñas de investigación no ámbito da saúde pública de Galicia. Esta actividade enmarcarase dentro das áreas prioritarias dos plans autonómicos, nacionais e internacionais de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) no ámbito da saúde.
  • facilitar a creación de redes de investigación colaborativa no ámbito da saúde pública de Galicia.