Ir o contido principal

Presentación da Escola

A Escola Galega de Saúde Pública é un instrumento estratéxico da Consellería de Sanidade, encargado da xeración e transferencia do coñecemento en materia de saúde pública. 

A través da súa actividade preténdese fomentar a formación e investigación científica de calidade, necesaria para dar resposta, desde o ámbito da saúde pública, aos desafíos e perigos para a saúde da poboación e as ameazas sanitarias globais. 

Marco normativo

A Escola Galega de Saúde Pública foi creada en virtude do Decreto 86/2022, do 19 de maio, polo que se establecen a creación e o marco normativo regulador das actividades da Escola Galega de Saúde Pública.

O seu funcionamento foi establecido pola Orde do 13 de febreiro de 2023 pola que se aproba o réxime de organización e funcionamento da Escola Galega de Saúde Pública. 

Imaxe
Benvida do Observatorio
Autor/a

Benvida do Observatorio

Misión

Crear un espazo de transferencia de coñecemento, formando, investigando e innovando co obxectivo de proporcionarlles un perfil de alta capacidade técnico-científica aos profesionais que desenvolven funcións no seo da saúde pública, a outros profesionais de diferentes ámbitos públicos e privados, así como á cidadanía.

Visión

Contribuír a impulsar unha nova saúde pública que responda aos principios de intersectorialidade, preparada para afrontar as novas ameazas, cun enfoque centrado na cidadanía, na equidade e na ganancia en saúde.

Valores

  • O fomento de espazos de colaboración flexibles, tecendo redes de intercambio de información e adaptadas ás novas necesidades.
  • A cidadanía como centro de todas as nosas estratexias.
  • O compromiso cos profesionais: na procura de ser un instrumento de motivación e progreso persoal e profesional.
  • A ética en todas as actuacións da Escola.
  • A planificación baseada na evidencia científico-técnica.
  • A innovación constante.
  • O traballo transparente paa acadar excelencia nas diferentes actividades que se realizan