Está encamiñada á formación especializada dos profesionais de Medicina Preventiva e Saúde Pública e dos profesionais de Enfermaría Familiar e Comunitaria desenvolvida na Dirección Xeral de Saúde Pública, centro acreditado para tal efecto.
A formación especializada en ciencias da saúde ten carácter regulado e oficial. O seu obxectivo é dotar os profesionais sanitarios dos coñecementos, técnicas e habilidades propios da especialidade que elixiron.
A Escola Galega de Saúde Pública ten encomendada a función da coordinación da docencia que se imparte na Dirección Xeral de Saúde Pública. A Escola actúa de lazo de unión entre todos os organismos implicados, garantindo un adecuado desenvolvemento destes programas formativos.