Ir o contido principal

Organización: grupos de traballo

A Escola Galega de Saúde Pública organizase en grupos de traballo dedicados ao estudo, análise e preparación de aspectos técnicos relativos ás súas diferentes actividades.

Grupo permanente denominado «Grupo técnico de planificación estratéxica da Escola Galega de Saúde Pública»

A función principal é establecer as liñas estratéxicas da formación en saúde pública con base nas necesidades identificadas. Así mesmo, establece o itinerario formativo dos/das profesionais de saúde pública e os plans anuais de formación continuada.

Membros

O grupo de traballo permanente estará integrado por:

  • a persoa titular do órgano directivo con competencias en saúde pública, ou persoa en quen delegue, que terá consideración de coordinadora xeral;
  • a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da consellería competente en materia de sanidade, ou persoa en quen delegue;
  • as persoas titulares das subdireccións do órgano directivo en materia de saúde pública, ou persoas en que deleguen;
  • unha persoa en representación da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, designada pola persoa titular da súa xerencia;
  • as persoas titulares das xefaturas territoriais da consellería con competencias en materia de sanidade, ou persoas en que deleguen;
  • a persoa designada como xefe/a de estudos da Unidade Docente de Galicia de Medicina Preventiva e Saúde Pública;
  • unha persoa en representación da Sociedade Galega de Medicina Preventiva e Saúde Pública;
  • unha persoa designada pola persoa titular do órgano directivo con competencias en saúde pública entre o seu persoal, que exercerá as función de secretaría técnica do grupo, asistindo ás súas reunións con voz, pero sen voto.

Grupos de traballo temporais que teñen como finalidade achegar respostas a cuestións concretas

A finalidade destes grupos de traballo é a de achegar respostas a cuestións concretas.

Cada un dos grupos de traballo que se constitúan estará formado polos/as profesionais das especialidades correspondentes aos temas específicos que se vaian valorar.