Ir o contido principal

Prácticas de grao e mestrado

Están encamiñadas á formación de futuros profesionais de saúde pública co obxectivo de que poidan coñecer os ambientes reais de traballo e desenvolver as súas competencias en saúde pública e nas tarefas de xestión, sempre baixo a tutela de profesionais experimentados.

As bases para realizar as prácticas de grao e mestrado universitario establécense nos convenios de colaboración asinados entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e as universidades correspondentes.

A Escola Galega de Saúde Pública ten encomendada a función da coordinación da docencia que se imparte na Dirección Xeral de Saúde Pública. A Escola actúa de lazo de unión entre todos os organismos implicados, garantindo un adecuado desenvolvemento destes programas formativos.