No ámbito da formación, a Escola ten como obxectivo ofrecerlles unha estratexia innovadora de capacitación e de actualización do coñecemento aos profesionais que desenvolven actividade ineludible no ámbito da saúde pública, independentemente de que pertenzan ou non á organización sanitaria galega.
Esta formación contribúe a ofrecer solucións a futuro que preveñan e resolvan as crises que poidan xurdir, dando cabida nela ao fomento da sustentabilidade en materia de saúde pública, ao coñecemento e sensibilización da poboación sobre a saúde e á actualización permanente da competencia profesional en materia de saúde pública.
Publicación anual da programación docente
O presente documento ten por finalidade expoñer a programación docente anual correspondente ao ano 2025, no marco dos obxectivos estratéxicos e académicos da EGSP.
A planificación inclúe a programación de contidos, actividades, metodoloxías e recursos previstos para garantir a excelencia educativa, así como a adecuada coordinación e seguimento dos procesos formativos. A súa elaboración responde o compromiso de ofrecer unha educación de calidade, orientada ao desenvolvemento integral dos alumnado e á consecución dos estándares establecidos.
A programación formativa publicada constitúe a planificación inicial de accións previstas para o período correspondente; non obstante, ao longo do ano, segundo vaian xurdindo novas necesidades formativas, poderán incorporarse á Programación Formativa, co fin de garantir a a adaptación continua ás demandas da organización.