Esta xornada é organizada como consecuencia da necesidade de dar a coñecer e difundir as medidas que cómpre adoptar ante a aparición do mosquito tigre na provincia. A entrada do mosquito tigre na Comunidade dá lugar a un novo escenario sanitario.
Dar a coñecer a problemática incipiente e descoñecida pola aparición da nova especie na provincia, ademais de transmitir as estratexias que se deberán desenvolver é un labor sumamente importante para que se produzan as sinerxías entre os profesionais que idean e poñen en marcha estas e os profesionais que deben implantalas. Así, é necesario por en coñecemento dos profesionais tanto das administracións públicas coma dos organismos ou entidades privadas dependentes, as diferentes vías de actuación.
A importancia de coordinar as administracións para unha xestión óptima ante posibles aparicións do insecto fai que sea preciso a realización dunha xornada que sirva de difusión e coñecemento dos diferentes protocolos, así como as medidas de prevención e vixilancia que cómpre adoptar en cada caso.
- Data de celebración: 31 de agosto de 2023
- Lugar: Salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.
- Horas: 09:30-14:30 horas
- Persoas destinatarias: Persoal responsable e persoal técnico (propio ou de empresa externa) que poida ter implicación na xestión do mosquito tigre.