Ir o contido principal

Xornada informativa sobre o mosquito tigre

Xornada informativa onde se dá a coñecer a problemática xurdida pola aparición do mosquito tigre na comunidade galega, mediante a difusión das estratexias que cómpre adoptar dende un punto de vista sanitario. 

A xornada ten por finalidade a formación do persoal farmacéutico, explicando as características biolóxicas do vector, os programas de control e alerta establecidos, as medidas de protección e prevención, as posibles manifestacións clínicas e o seu tratamento das picaduras a nivel farmacolóxico.

  • Data de celebración: 17 de outubro de 2023
  • Lugar: Salón de actos da sede de Vigo do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra
  • Horas: 16:30-20:15 horas 
  • Persoas destinatarias: Profesionais farmacéuticos da provincia de Pontevedra