Perfil de capacitación
Inclúe a capacidade para:
- xestionar os procedementos de acceso á información pública da Dirección Xeral de Saúde Pública;
- xestionar os novos fondos europeos Next Generation UE;
- xestionar os sistemas de información e aplicativos propios da organización económica e orzamentaria da Dirección Xeral de Saúde Pública;
- elaborar e revisar expedientes económicos en materia de saúde pública;
- tramitar os procedementos sancianodores en materia de saúde pública.
Itinerario formativo
O itinerario formativo adicional deste perfil para acadar esas capacidades está composto polas seguintes actividades de formación, que se irán implementando ao longo dos plans de formación anuais.