Perfil de capacitación
Inclúe a capacidade para:
- identificar as desigualdades socioeconómicas que inflúen na distribución da saúde na poboación galega;
- coñecer e implementar modelos e estratexias para a promoción da saúde;
- proporcionarlle unha atención de saúde de maneira integrada, equitativa e eficiente a toda a poboación baseada na equidade en saúde dende un enfoque de determinantes da saúde e a súa relación coas políticas públicas;
- instaurar accións e programas baseados na prevención das condutas adictivas e das contornas insalubres, elaborar estratexias para promover a saúde mental e a prevención dos trastornos de condutas adictivas;
- desenvolver accións de promoción da saúde dende unha orientación comunitaria mediante a abordaxe intersectorial, multidisciplinar e a través de intervencións no estilo de vida e nos determinantes sociais da poboación;
- deseñar programas formativos para os colectivos profesionais do sistema de saúde, tendo en conta a pedagoxía, socioloxía, a comunicación e a educación para a saúde;
- implantar ferramentas de comunicación no ámbito dixital para unha comunicación efectiva coa cidadanía;
- manexar os sistemas de información vinculados á prevención de condutas aditivas.
Itinerario formativo
O itinerario formativo adicional deste perfil para acadar esas capacidades está composto polas seguintes actividades de formación, que se irán implementando ao longo dos plans de formación anuais.