Ir o contido principal

Semana da Administración Aberta: Observatorio de Saúde Pública de Galicia

 

 

 

 

 

No marco da Semana da Administración Aberta 2025, establécese unha xornada dedicada a dar a coñecer e difundir o Observatorio de Saúde Pública de Galicia. Baixo o lema "Garantindo a Transparencia cara a Cidadanía" preténdese achegar á cidadanía as funcionalidades da plataforma.

O Observatorio de Saúde Pública de Galicia é un instrumento dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública (DGSP) que permite xerar, analizar, reunir, organizar e comunicar información relevante e de calidade no ámbito da saúde pública de Galicia, co obxectivo de proporcionar información baseada na evidencia científica e poñela ao dispor de profesionais da saúde, do persoal investigador, así como da sociedade en xeral.

  • Data: Xoves, 22 de Maio de 2025
  • Hora: 11:45 – 13:30 h
  • Destinatarios: Cidadanía en xeral.