Ir o contido principal

Día Mundial da Sida

Este ano de 2023, iniciamos en Galicia unha nova etapa na loita contra a infección polo VIH e a sida na nosa comunidade. Co horizonte de 2030 propoñemos a meta de acadar a fin da sida e o control da infección polo VIH como problema de saúde pública para a Comunidade.

A serie de datos, dos últimos anos, confirman a evolución favorable da pandemia polo VIH e a sida en Galicia. Estes logros son o froito do traballo multidisciplinar de todas as partes implicadas na loita antisida no noso medio. Malia os bos resultados do control do VIH e a sida, quedan pendentes retos como a mellora do diagnóstico precoz e a eliminación do estigma e a discriminación asociada a esta infección.

No transcurso do acto institucional organizado polo Día Mundial da Sida fíxose entrega dos Premios de investigación sobre o VIH e outras infeccións de transmisión sexual 2023.

Imaxe
Día Mundial da SIDA
Autor/a

Día Mundial da SIDA

  • Data de celebración: 1 de decembro de 2023
  • Lugar de celebración: Salón de actos da Consellería de Sanidade