O obxectivo da xornada é dar a coñecer, desde un punto de vista xenérico, as tarefas, funcións e programas realizados polas diferentes subdireccións e os seus servizos dependentes, dentro da Dirección Xeral de Saúde Pública.
Co gallo da incorporación para a realización das rotacións e a formación dos futuros profesionais de enfermaría na especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria, e debido á necesidade de informar dos diferentes servizos onde desenvolver a formación, realízase a xornada de benvida na que se expoñen as liñas estratéxicas nas que están a traballar as diferentes unidades desta dirección xeral da Consellería de Sanidade.
- Data de celebración: 30 de outubro de 2023
- Lugar: Salón de actos da Consellería de Sanidade
- Horas: 09:30-14:30 horas
- Persoas destinatarias: Profesionais de Enfermaría Familiar e Comunitaria que estean realizando a residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.