Ir o contido principal

Análise e visualización de datos de saúde con R Commander

 

 

A análise de datos constitúe unha competencia fundamental para os profesionais da saúde pública, permitindo transformar información en coñecemento útil para a vixilancia epidemiolóxica, a planificación sanitaria, a avaliación de programas e a toma de decisións baseada na evidencia.

R Commander é unha interface gráfica do software estatístico R que facilita a realización de análises estatísticas e a creación de representacións gráficas sen necesidade de coñecementos avanzados de programación. Esta ferramenta permite aos técnicos de saúde pública adquirir competencias analíticas de forma accesible, mantendo a potencia e flexibilidade do ecosistema R.

O curso "Análise e Visualización de Datos de Saúde con R Commander" proporciona os coñecementos e habilidades necesarias para importar, xestionar, analizar e representar datos sanitarios mediante procedementos estatísticos básicos e intermedios.

 

Obxectivo xeral

No curso aprenderás desde a instalación de R Commander ata o manexo de datos, a creación de gráficos e a realización de análises estatísticas descritivas e doutros cálculos estatísticos básicos para o tratamento de datos de saúde.

Obxectivos específicos

Ao finalizar o curso, o alumnado será capaz de:

  • Utilizar a interface de R Commander para a xestión e análise de información sanitaria.
  • Importar, depurar e organizar bases de datos.
  • Elaborar gráficos adecuados para a presentación de resultados.
  • Realizar análises estatísticas descritivas e cálculos básicos.

 

  • Data de celebración: Do 22 de xuño ao 22 de xullo
  • Lugar de realización: On Line
  • Tipo de formación: Teleformación
  • Número de prazas: 20 persoas
  • Total horas de formación: 20 horas
  • Destinatarios principais: Persoal técnico da Direción xeral de Saúde Pública  e dos Departamentos Territoriais da Consellería de Sanidade

Programa

Tema 1. Conceptos básicos

Tema 2. R Commander

Tema 3. Manexo de datos

Tema 4. Creación de gráficos

Tema 5. Estatística descritiva

Tema 6. Distribucións de probabilidade

Tema 7. Inferencia

Tema 8. Regresión lineal simple

Tema 9. Plugins de R Commander