Ir o contido principal

A.14 Básico de saúde pública

Duración
30
Opcións de duración
Horas
Modalidade
Formación presencial
Teleformación autoformativa
Obxectivo principal

Adquirir unha visión ampla do concepto de saúde pública e o seu alcance.

Obxectivos específicos
  • Coñecer que é a saúde pública e o seu impacto en todas as políticas.
  • Identificar os factores de risco que poden afectar á saúde e coñecer como actúan e a súa maneira de prevención.
  • Coñecer o funcionamento e organización da saúde pública en Galicia.
Contidos

Módulo 1: Fundamentos de Saúde Pública

  • Definición de saúde e saúde pública. Funcións de saúde pública. Saúde global. Saúde en todas as políticas.
  • Os determinantes de saúde e principais problemas de saúde pública. Niveis de prevención.
  • Instrumentos da saúde pública.
  • Avaliación de intervencións e programas en saúde pública.
  • Marco lexislativo.

Módulo 2:  Organización en Galicia

  • Organización da saúde pública en Galicia.
  • Actividades a desenvolver en Galicia no marco da Saúde Pública e sistemas de información utilizados
    • Vixilancia epidemiolóxica e control das enfermidades na Comunidade Autónoma.
    • Actividades para promover os estilos de vida saudables Galicia.
    • Actividades de promoción do benestar emocional
    • Actividades de prevención e control de trastornos aditivos.
    • Actividades e programas de prevención e control de enfermidades non transmisibles e transmisibles en Galicia.
    • Actividades dos programas galegos de inmunizacións.
    • Actividades de control oficial no marco da protección da saúde fronte aos riscos asociados ao consumo de alimentos.
    • Actividades de control oficial no marco da protección da saúde fronte aos riscos físicos, químicos e biolóxicos asociados a factores ambientais en Galicia.
    • Actividades do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia en materia de Saúde Pública de Galicia
    • Observatorio de Saúde Pública
    • Escola Galega de Saúde Pública
Perfil da persoa participante
Persoal de xefatura
Persoal técnico
Competencias asociadas
Manexo De Información E Normativa
Planificación E Organización