Ir o contido principal

A.3.1 Competencias dixitais básicas

Duración
30
Opcións de duración
Horas
Modalidade
Formación presencial
Teleformación autoformativa
Obxectivo principal

Coñecer a operativa básica de funcionamento dun equipo informático asociado ás tarefas de tipo administrativo/a, acorde aos procedementos e normas establecidas, co fin de garantir a súa operatividade.

Obxectivos específicos
  • Identificar as funcionalidades básicas do sistema operativo que permitan un axeitado desenvolvemento do traballo.
  • Realizar operacións básicas nunha contorna de rede.
  • Xestionar unha estrutura de almacenamento de arquivos e carpetas local e en rede de xeito eficiente.
  • Procurar información, de forma segura, en Internet.
  • Xestionar de forma organizada e eficaz o envío de mensaxes a través dun sistema de correo electrónico.
  • Seguridade e ética na Rede.
Contidos
  • Compoñentes básicos dun equipamento informático: hardware e software.
  • Tipos de licencias.
  • A interface do sistema operativo.
  • Xestor de arquivos.
  • Panel de control.
  • Navegación segura na Rede.
  • Procura de información e xestión de marcadores.
  • Organización e xestión da mensaxería corporativa.
  • Xestión de tramites a través da Rede: firma electrónica.
Perfil da persoa participante
Persoal administrativo
Persoal de xefatura
Persoal técnico
Competencias asociadas
Automatización De Procesos Numéricos
Comunicación Audiovisual
Elaboración De Documentos Segundo Instrucións
Elaboración De Gráficas De Datos
Localización De Información Na Rede
Realización De Comunicacións Internas E Externas
Tramitación De Documentos Internos E Externos
Tramitación De Información En Liña
Xestión De Datos Numéricos
Xestión De Procesos De Tramitación Administrativa