Ir o contido principal

A.3.3 Aplicacións informáticas de follas de cálculo

Duración
50
Opcións de duración
Horas
Modalidade
Formación presencial
Teleformación autoformativa
Obxectivo principal

Obter información relevante a partires dos datos organizados en forma de táboas, almacenados nunha folla de cálculo.

Obxectivos específicos
  • Organizar información en forma de táboas de xeito quer facilite o seu tratamento posterior.
  • Operar os datos mediante a aplicación de fórmulas e funcións obtendo información relevante ou de interese segundo os requisitos indicados.
  • Xerar gráficas que faciliten a comprensión ou visualización dos datos obtidos ou almacenados.
  • Aplicar filtraxes e outras operacións que faciliten a visualización da información ou o seu tratamento posterior.
  • Xerar táboas dinámicas.
  • Configurar as opcións de impresión para táboas de datos e gráficas.
  • Importación de datos noutros formatos.
Contidos
  • A contorna de traballo do programa de tratamento de datos.
  • Operativa básica: creación, almacenamento e recuperación de arquivos.
  • Diferencias entre folla, libro e arquivo.
  • Deseño de táboas de datos.
  • Organización de datos e formatados para mellorar o aspecto do documento.
  • Protección de celas, follas e arquivos.
  • Emprego de formulas e funcións para obtención de información.
  • Operacións de bases de datos dentro da folla de cálculo.
  • Elaboración de táboas dinámicas para a visualización de resultados.
  • Utilización de funcións estatísticas básicas.
  • Creación de gráficas para a representación da información.
  • Inserción de imaxes e outros recursos gráficos.
  • Corrección ortográfica e gramatical.
  • Configuracións para a impresión en distintos formatos e soportes.
  • Importación de datos noutros formatos de intercambio.
Perfil da persoa participante
Persoal administrativo
Persoal de xefatura
Persoal técnico
Competencias asociadas
Automatización De Procesos Numéricos
Comunicación Audiovisual
Elaboración De Documentos Segundo Instrucións
Elaboración De Gráficas De Datos
Localización De Información Na Rede
Realización De Comunicacións Internas E Externas
Tramitación De Documentos Internos E Externos
Tramitación De Información En Liña
Xestión De Datos Numéricos
Xestión De Procesos De Tramitación Administrativa