Ir o contido principal

A.3.4 Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información

Duración
30
Opcións de duración
Horas
Modalidade
Formación presencial
Teleformación autoformativa
Obxectivo principal

Elaborar presentacións de información segundo a imaxe  corporativa, que represente de forma fidedigna a información, proxecto ou ideas a transmitir.

Obxectivos específicos
  • Coñecer os elementos básicos da imaxe corporativa institucional.
  • Organizar ideas mediante elementos e recursos gráficos.
  • Axustar as transicións das diapositivas segundo os requisitos da presentación.
  • Inserir recursos de información doutras fontes.
  • Xerar arquivos en formatos externos segundo as necesidades do proxecto.
Contidos
  • A contorna de traballo do programa de presentacións.
  • Operativa básica: creación, almacenamento e recuperación de arquivos.
  • Elementos básicos para a creación de diapositivas: elementos corporativos e elementos informativos.
  • Organización e xestión dos elementos das diapositivas.
  • Vinculación de información procedente doutras fontes.
  • Operacións sobre as diapositivas.
  • Axuste da presentación segundo os requisitos de estilo.
  • Configuración da presentación para a súa impresión ou exportación a outros formatos.
Perfil da persoa participante
Persoal administrativo
Persoal de xefatura
Persoal técnico
Competencias asociadas
Automatización De Procesos Numéricos
Comunicación Audiovisual
Elaboración De Documentos Segundo Instrucións
Elaboración De Gráficas De Datos
Localización De Información Na Rede
Realización De Comunicacións Internas E Externas
Tramitación De Documentos Internos E Externos
Tramitación De Información En Liña
Xestión De Datos Numéricos
Xestión De Procesos De Tramitación Administrativa