Ir o contido principal

B.2.3.1 Actuacións de vixilancia de saúde ambiental en Galicia

Duración
20
Opcións de duración
Horas
Modalidade
Preferentemente teleformación autoformativo
Teleformación titorizada
Obxectivo principal

Coñecer os programas e actuacións sobre os factores ambientais determinantes da saúde da poboación galega.

Obxectivos específicos
  • Coñecer as funcións e marco de actuación do Servizo de Sanidade Ambiental.
  • Coñecer a importancia e necesidade da vixilancia sanitaria de cada programa así como as características de cada un deles.
  • Coñecer a normativa específica dos ámbitos da saúde ambiental.
Contidos
  • Funcións do servizo de Sanidade Ambiental.
  • Programas de vixilancia sanitaria
  • Programa de vixilancia sanitaria de augas de consumo humano.
  • Programa de vixilancia sanitaria de establecementos, servizos e produtos biocidas.
  • Programa de vixilancia sanitaria de produtos químicos.
  • Programa de vixilancia sanitaria da lexionelose de Galicia.
  • Programa de vixilancia sanitaria das piscinas.
  • Programa de vixilancia de zonas de baño de Galicia.
  • Programa de vixilancia sanitaria dos espazos termais de Galicia.
  • Programa de vixilancia sanitaria de centros de bronceado de Galicia.
  • Programa de vixilancia sanitaria dos establecementos de tatuaxe, micropigmentación e piercing de Galicia.
  • Programa de vixilancia sanitaria de cosméticos e produtos de coidado persoal.
  • Programa de avaliación sanitaria de proxectos sometidos a instrumentos de prevención e control ambiental.
  • Programa de vixilancia sanitaria de sanidade mortuoria.
  • Outras actuacións
  • Saúde laboral.
  • Residuos sanitarios.
  • Augas rexeneradas.
  • Augas mineromedicinais e termais.
  • Temperaturas extremas.
  • Calidade de aire.
  • Radiacións.
  • Control de vectores.
  • Actuacións nos campamentos de turismo, instalacións xuvenís e actividades ao aire libre.
  • Incidentes ambientais.
  • Información á poboación.
  • Normativa específica en materia de sanidade ambiental.
Perfil da persoa participante
Persoal de xefatura
Persoal técnico
Competencias asociadas
Xestión Da Calidade
Atención ás normas
Vixilancia e control