Ir o contido principal

B.2.5.2 Coñecementos técnicos de auditorías internas

Duración
6
Opcións de duración
Horas
Modalidade
Preferentemente telepresenza
Formación presencial
Teleformación titorizada
Teleformación autoformativa
Obxectivo principal

Coñecer as directrices e a metodoloxía para levar a cabo as auditorías internas no ámbito do Control Oficial no ámbito da inspección de saúde pública.

Obxectivos específicos
  • Verificar a aplicación efectiva das disposicións previstas e a súa adecuación para alcanzar os obxectivos da lexislación vixente.
  • Realizar un control periódico, asegurar a implementación, eficacia e cumprimento do Sistema de Calidade.
  • Detectar boas prácticas que permitan mellorar o Control Oficial.
  • Detectar as non conformidades e establecer as accións correctivas pertinentes.
  • Elevar os informes resultado das auditorías internas.
Contidos

Marco lexislativo.

  • Preparación da auditoría interna: Métodos de auditoría e Selección do equipo auditor.

Realización da auditoría

  • Preparación do plan de auditoría.
  • Reunión de apertura.
  • Execución da auditoría.
  • Rexistro da información da auditoría.
  • Elaboración das conclusións da auditoría.
  • Reunión final.

Preparación, aprobación e distribución do informe final.

Realización de actividades de seguimento.

O rexistro e arquivo.

Perfil da persoa participante
Persoal técnico
Persoal de xefatura
Competencias asociadas
Atención ás normas
Xestión Da Calidade