Duración
30
Modalidade
Preferentemente teleformación titorizada ou telepresenza
Formación presencial
Obxectivo principal
Dominar a metodoloxía da análise do risco todas as súas fases e subfases aplicada a contorna da saúde pública
Obxectivos específicos
- Dominar todas as tarefas propias da fase de avaliación de riscos en saúde pública.
- Coñecer a fase de xestión do risco para tomar decisións e confeccionar e aplicar un plan de xestión dos mesmos.
- Planificar e desenvolver toda a comunicación interna e externa necesaria vinculada a todas as fases do análise de riscos.
Contidos
A metodoloxía da análise do risco: Tipos (cuantitativa e cualitativa) e fases.
Avaliación:
- Seguridade e identificación do perigo e recompilación de información
- Caracterización do perigo ou avaliación da dose/resposta.
- Avaliación da exposición.
- Caracterización do risco.
Xestión do risco.
- Políticas e toma de decisións de xestión sobre riscos.
- Plan de xestión de riscos.
- Aplicación seguimento e avaliación de medidas de mitigación.
Comunicación do risco.
- Intercambio de información que involucra o risco durante todo o proceso.
- Comunicación interna e externa.
Perfil da persoa participante
Persoal de xefatura
Persoal técnico
Competencias asociadas
Avaliar Riscos
Toma de Decisións
Xestión
Comunicación
Outras consideracións
Este curso é común co Servizo de Sanidade Ambiental e Epidemioloxía.