Ir o contido principal

B.3.1.1 Vacinas, inmunoloxía e investigación

Duración
30
Opcións de duración
Horas
Modalidade
Preferentemente mixto
Obxectivo principal

Obter información xeral e especifica sobre a vacinación como medida preventiva de gran impacto na mellora da saúde da poboación

Obxectivos específicos
  • Coñecer a base inmunolóxica das vacinas.

  • Coñecer o impacto da vacinación a nivel sanitario sobre a saúde pública.

  • Coñecer os diferentes tipos de vacinas.

  • Coñecer as vacinas destinadas a prevención primaria das enfermidades.

  • Seguir a investigación vacinoloxía para dispor dunha información actualizada e científica.

Contidos
  • Bases inmunolóxicas das vacinas.

  • Principios xerais das vacinacións.

  • Epidemioloxía aplicada as vacinas.

  • Vacinas sistemáticas na infancia.

  • Vacinas non sistemáticas e vacinacións nos adultos.

  • Vacinas en situacións especiais.

  • Novas vacinas.

  • Aspectos éticos e legais na vacinación.

  • A importancia da información actualizada e científica nun eido en continua evolución como é o das vacinas.

Perfil da persoa participante
Persoal de xefatura
Persoal técnico
Competencias asociadas
Comunicación
Detección de necesidades de vacinación
Prevención da Enfermidade
Seguridade Vacinal