Ir o contido principal

DIPLOMADO EN SAÚDE PÚBLICA

🧑‍⚕️ DIPLOMADO EN SAÚDE PÚBLICA. Edición 2027

Curso oficial acreditado pola Escola Nacional de Sanidade

📍 Modalidade: Teleformación + Defensa presencial en Santiago de Compostela
📆 Datas: do 25 de xaneiro ao 19 de outubro de 2027
🎓 30 ECTS | 275 horas (200 teóricas + 75 prácticas)
💶 Matrícula: 800 €
👥 50 prazas 
📩 Solicitudes ata o 9 de decembro de 2026

📧 Inscricións: escola.saude.publica@sergas.es (enviar correo xuntando o modelo de solicitude cuberto e a documentación requerida)
🔗 Mais info

Organizan:
Escola Galega de Saúde Pública | ACIS | ENS

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública convoca a realización do curso de Diplomado en Saúde Pública, a través da Escola Galega de Saúde Pública e da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, acreditado pola Escola Nacional de Sanidade.

O obxectivo deste curso é proporcionar ao profesional da saúde un coñecemento máis profundo das diversas disciplinas da área da Saúde Pública e dar a coñecer os instrumentos imprescindibles que se utilizan para a interpretación, control e avaliación dos problemas de saúde. 

O curso constará de 275 horas lectivas, distribuídas en: 200 teóricas e 75 prácticas dedicadas á elaboración dun traballo sobre casos e problemas próximos ao ámbito profesional e da contorna dos participantes, que se defenderá ante un tribunal ao final do curso (30 ECTS).

Calendario:

Parte teórica (teleformación): do 25 de xaneiro ao 19 de xuño de 2027.

Presentación do traballo final: 18 e/ou 19 de outubro de 2027.

Metodoloxía docente: as horas de contido teórico, así como as probas de avaliación de coñecementos, realizaranse na modalidade de teleformación. A defensa do traballo final será presencial.

Oferta de prazas: convócanse 50 prazas.

Prezo: O prezo de matrícula do curso será de 800 euros.

As solicitudes deberán dirixirse á caixa de correo electrónico: Escola.Saude.Publica@sergas.es, atendendo as bases establecidas na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de novembro de 2026.