Ir o contido principal

ENTREGA DE PLACAS DA REDE GALEGA DE FARMACIAS SENTINELA

Trátase dun acto onde os establecementos farmacéuticos que integran a Rede de Farmacias Sentinela de Galicia recibiron unhas placas distintivas coas que se recoñeceu o traballo realizado durante a campaña de vacinación no ámbito da vixilancia epidemiolóxica.

Un total de 30 farmacias da provincia da Coruña, 10 da provincia de Lugo, 10 da de Ourense e outras 20 da provincia de Pontevedra, no marco do Plan galego de inverno posto en marcha pola Consellería de Sanidade, remitiron semanalmente información puntual sobre a dispensación de test de antíxenos e os medicamentos antigripais máis consumidos, facilitando tanto o seguimento da evolución da gripe, como doutras infeccións respiratorias agudas.

Esta colaboración entre a Conselleria de Sanidade e os Colexios de Farmaceúticos puido anticipar o impacto da gripe e dotar a asistencia dos recursos necesarios permitindo que Galicia se sitúe, unha vez máis, á vangarda da Saúde Pública.

  • Data de celebración: 22 de Abril de 2025
  • Lugar de celebración: Salón de actos da Consellería de Sanidade
  • Horario: 11:30 h - 14:30 h