Perfil de capacitación
Inclúe a capacidade para:
- identificar e analizar a epidemioloxía dos factores de risco das enfermidades transmisibles e adoptar as medidas preventivas e de control oportunas;
- planificar, elaborar, poñer en marcha e avaliar os programas e plans en materia de prevención e control de enfermidades transmisibles;
- detectar, planificar e executar intervencións sanitarias encamiñadas á consecución dun estado inmunitario, persoal e comunitario axeitado;
- realizar unha avaliación rápida do risco que permita tomar decisións e xestionar os riscos e as emerxencias en materia do control das enfermidades transmisibles dun xeito adecuado;
- deseñar programas formativos para os colectivos profesionais do sistema de saúde, tendo en conta a pedagoxía, socioloxía, a comunicación e a educación para a saúde;
- manexar os sistemas de información relativos aos programas e plans en materia de prevención e control das enfermidades transmisibles;
- exportar os indicadores dos sistemas de información utilizados.
Itinerario formativo
O itinerario formativo adicional deste perfil para acadar esas capacidades está composto polas seguintes actividades de formación, que se irán implementando ao longo dos plans de formación anuais.