Ir o contido principal

Servizo de Sanidade Ambiental

Perfil de capacitación

Inclúe a capacidade para:

  • manexar e interpretar dun xeito avanzado a normativa sanitaria no ámbito da sanidade ambiental;
  • manexar o Plan Estratéxico de Saúde e Medio Ambiente e demais iniciativas europeas e internacionais de saúde ambiental para a xestión e loita dos riscos para a saúde da poboación derivados dos factores ambientais;
  • planificar, elaborar, poñer en marcha e avaliar os programas e plans en materia de sanidade ambiental;
  • avaliar os efectos sobre a saúde dos principais riscos ambientais e as pautas para o control e vixilancia;
  • emitir informes vinculantes e non vinculantes no ámbito da sanidade ambiental, como poden ser os informes dos procedementos de impacto ambiental ou dos procedementos de impacto en saúde;
  • realizar unha avaliación rápida do risco que permita tomar decisións e xestionar os riscos e as emerxencias en materia de sanidade ambiental dun xeito adecuado;
  • xestionar as actuacións en materia de saúde laboral incluídas no ámbito da saúde pública;
  • traballar conforme aos sistemas de calidade da Dirección Xeral de Saúde Pública;
  • manexar os sistemas de información de uso polo persoal inspector de saúde pública e os vinculados ao ámbito da sanidade ambiental;
  • exportar os indicadores do ámbito da sanidade ambiental dos sistemas de información utilizados.