Ir o contido principal

I Xornada de Boas Prácticas Comunitarias en Saúde Ambiental

 

A I Xornada de Boas Prácticas Comunitarias en Saúde Ambiental nace co obxectivo de recoñecer e visibilizar experiencias locais que contribúen á mellora da contorna e da saúde da poboación, así como fomentar o intercambio de coñecementos e iniciativas entre profesionais, institucións e comunidades.

 

O encontro está organizado pola Consellería de Sanidade e a Cátedra de Saúde Ambiental, e contará coa participación de representantes de concellos galegos, universidades e entidades vinculadas á xestión e protección ambiental.

  • Data: 28 de outubro de 2025
  • Hora: de 10:00 a 14:00 h
  • Lugar: Salón de Actos da Consellería de Sanidade