Ir o contido principal

II Plan de Formación sobre Vacinación no Adulto

 

 

A vacinación é unha das medidas preventivas máis eficaces do sistema sanitario, pero presenta importantes áreas de mellora na cobertura da poboación adulta, especialmente en pacientes crónicos, grupos vulnerables, embarazadas e profesionais sanitarios.

 

Esta actividade formativa busca reforzar coñecementos, competencias clínicas e habilidades de comunicación dos profesionais, promovendo o seu papel activo na recomendación e captación vacinal. Pretende mellorar a calidade asistencial, aumentar as coberturas e reforzar a seguridade do paciente.

 

 

Obxectivo xeral:
Mellorar a práctica profesional en vacinación do adulto, reforzando coñecementos, actitudes e responsabilidade preventiva.

 

Obxectivos específicos:

  • Actualizar coñecementos sobre recomendacións de vacinación no adulto e grupos de risco.
  • Mellorar a coordinación asistencial para garantir a continuidade preventiva.
  • Promover a vacinación no embarazo.
  • Reforzar o papel do profesional sanitario na prevención e na seguridade do paciente.

 

Actividade de formación acreditada pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Naciónal de Saúde da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Destinatarios

  • Persoal facultativo.
  • Persoal farmaceútico.
  • Persoal de enfermaría.

Sedes e datas de realización

Programación das sedes

O plan de formación desenvolverase durante os meses de abril e maio coa finalidade de poder atender a formación dos profesionais das diferentes Areas Sanitarias. Trátase dunhas xornadas en quenda de tarde distribuidas en diferentes sedes a través da seguinte programación.