
O obxectivo deste taller é capacitar aos participantes no coñecemento, prevención e control do mosquito tigre mediante unha formación integral que inclúa a identificación do insecto, a comprensión do seu ciclo biolóxico e ecolóxico, e a aplicación de estratexias efectivas de control e mitigación.
Ademais, o taller pretende fomentar a sensibilización e implicación tanto individual como comunitaria, promovendo boas prácticas que reduzan os focos de reprodución e minimicen o risco de transmisión de enfermidades asociadas, contribuíndo así á protección da saúde pública e á promoción de entornos máis seguros e saudables.
- Formato: Presencial
- Data e lugar:
- 1º Edición: 11 de Setembro do 2025 - Vigo (Pontevedra)
- 2º Edición: 17 de Setembro do 2025 - Santiago de Compostela (A Coruña)
- Duración: 2 horas
- Horario: 10:00 h a 12:00h
- Destinatarios: Persoal da Dirección Xeral de Saude Pública e dos Departamentos Territoriais da Consellería de Sanidade así como persoal dos Organismos Locais.
Programa do taller formativo
Documento
Documento