Premios FARO 2026

A IV Xornada Galega de Saúde Pública celebrarase o 13 de marzo de 2026 en Santiago de Compostela, no Salón de Actos da Consellería de Sanidade. Este encontro consolídase como unha cita de referencia para a reflexión, o diálogo e o intercambio de coñecemento no ámbito da saúde pública.
Ao longo da xornada reuniranse profesionais do ámbito sanitario, académico e institucional para analizar os principais retos actuais e futuros da saúde pública. O programa estrutúrase en mesas temáticas que abordan cuestións clave como o enfoque One Health, a necesidade de trasladar a evidencia científica á acción e o papel crecente da innovación tecnolóxica, os datos e a intelixencia artificial na toma de decisións.
A IV Xornada Galega de Saúde Pública pretende ser un espazo de encontro e aprendizaxe compartida, orientado á mellora continua das políticas e das intervencións en saúde pública, cunha visión integrada, innovadora e centrada na poboación.
No marco do evento terá lugar a entrega dos Premios FARO 2026, que recoñecen o compromiso, a excelencia profesional e as iniciativas que contribúen de maneira significativa á mellora da saúde e do benestar da cidadanía.
- Data de celebración: 13 de marzo do 2026.
- Horario: 09:30 h - 14:15 h
- Lugar de celebración: Salón de actos da Consellería de Sanidade. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela
Programación da xornada
Formulario de inscripción
Acceda ao formulario para realizar a inscripción á xornada.