O obxetivo do curso é garantir unha formación acerca dos riscos inherentes aos postos de traballo do persoal que desenvolve tarefas administrativas nos centros dependentes da Administración xeral da Xunta de Galicia, segundo establece a Ley 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.
Trátase dun curso básico realizado en colaboración co Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, a través da Escola Galega de Administración Pública.
- Formato: Telemático
- Fechas: Do 17 de Marzo ao 21 de Marzo de 2025
- Destinatarios: Persoal funcionario da Consellería de Sanidade que desenvolve tarefas administrativas nos centros dependentes da Administración xeral da Xunta de Galicia.
Desenvolvemento
O Curso de Prevención de Riscos Laborais terá unha duración de 3 horas lectivas, que se desenvolverá entre os días 17 a 21 de Marzo do 2025. Para superar o curso deberanse atender todos os contidos, e ademáis realizar un exame final on-line.
O curso pretende dotar dunha formación mínima necesaria no desempeño das labores diarias, impartido mediante o seguinte contido:
- Prevención de Riscos Laborais na Xunta de Galicia.
- Riscos específicos do posto de traballo.
- Riscos laborais nos desprazamentos por estrada.