O obxectivo é analizar a frecuencia de consumo de tabaco en escolares e a efectividade dunha intervención de prevención do tabaquismo nos escolares no diagnóstico precoz e tratamento do tabaquismo e da EPOC na súa contorna familiar
Metodoloxía: : Estudo observacional e prospectivo de avaliación dunha estratexia baseada nunha intervención en EPOC e tabaquismo realizada por un equipo investigador constituído por expertos en tabaquismo e en EPOC. Dita intervención basearase en 2 fases: a) preventiva: aulas de adolescentes de prevención e b) diagnóstica -terapéutica realizada por profesionais sanitarios do Servizo Galego de Saúde ( SERGAS), así como pacientes expertos (a título individual ou procedentes de Asociacións de pacientes EPOC). O estudo realizarase en adolescentes entre 14 e 16 anos procedentes de centros educativos de Galicia e proxenitores deles.
- 01/01/2024 - 31/12/2027