Ir o contido principal

Validación dun modelo multifactorial de predición do risco de cancro de mama, que incorpora factores de risco xenéticos e non xenéticos, en poboación española (MamoRisk)

A susceptibilidade a CM é  multifactorial e moitos factores xenéticos, reprodutivos, hormonais, antropomórficos, de estilo de vida e de imaxe (MD) sábese que están asociados co risco de desenvolver a enfermidade. Este proxecto, que contará en España coa participación de 14 comunidades autónomas, ten como obxectivo xerar evidencia e coñecemento para a aplicabilidade dun modelo baseado na Medicina de Precisión no marco dos Programas de Cribado de Cancro de Mama a nivel nacional. O estudo MamoRisk propón avaliar a validez clínica de BOADICEA (Breast and Ovarian Analysis of Disease Incidence and Carrier Estimation Algorithm), un modelo multifactorial de predición do risco de cancro de mama (CM), para predicir o seu risco a cinco anos nunha gran cohorte retrospectiva independente, combinando información xenética, sociodemográfica e de hábitos de vida, coa densidade mamaria medida por mamografía. O modelo usarase para identificar mulleres de alto risco que se poidan beneficiar máis dun screening mellorado ou doutros tratamentos preventivos ou de redución de risco, e tamén para identificar as mulleres de baixo risco que probablemente non se beneficien das opcións de prevención, como a quimioprevención e as cirurxías de redución de risco asociadas con efectos adversos. Esta iniciativa vai desenvolver en principio en 14 comunidades autónomas e nela participarán 10.000 mulleres (4.000 con diagnóstico de cancro e 6.000 negativas para esta neoplasia), que participaron nos cribados de cancro de mama, das que unhas 4.000 serán galegas. 

Como entidade colaboradora, a Consellería de Sanidade obterá e achegará os datos da cohorte de Galicia, seleccionados entre as mulleres que participan ou participaron no Programa galego de detección precoz de cancro de mama, e dará apoio e asesoramento durante o período de estudo do proxecto MAMORISK.

Subdirección Xeral
Centro Galego Para O Control E Prevención Das Enfermidades (CEGACE)
Servizo
Servizo de Detección Precoz de Enfermidades
Período
  • 01/01/2025 - 31/12/2027
Financiación
Financiado
  • Fondos europeos a través do Instituto de Salud Carlos III 100.00%
Importe
1.222.680,80 €