Ir o contido principal

Vixilancia tras resección de lesións colónicas avanzadas nun programa poboacional de cribado de cancro colorrectal: estudo Polyprev

O estudo Polyprev (NCT04967183) é un ensaio clínico randomizado que compara a vixilancia endoscópica coa participación no programa de cribado de CCR en pacientes aos que se lles detectou e resecado lesións que requiren vixilancia endoscópica dentro dos programas poboacionais. Esta deseñado baixo a hipótese de non inferioridade respecto a a incidencia de CCR aos dez anos. Como obxectivos adicionais avaliarase se existen diferenzas no rendemento diagnóstico de ambas as estratexias para a detección de lesións avanzadas, na participación e nos efectos adversos asociados ás mesmas. Por outra parta analizaremos o impacto do estilo de vida e a actividade física sobre a detección de lesións colónicas avanzadas. Para acabar, o estudo inclúe unha enquisa para coñecer os valores e preferencias do suxeitos respecto ao tipo de vixilancia en función do tipo de proba, os riscos da mesma e a incidencia de CCR.

Subdirección Xeral
Centro Galego Para O Control E Prevención Das Enfermidades (CEGACE)
Servizo
Servizo de Detección Precoz de Enfermidades
Período
  • 01/09/2022 - 31/12/2033
Financiación
Financiado
  • Instituto de Salud Carlos III (PI21/ 01771) 100.00%
Importe
147.620,00 €
Publicacións derivadas
Regueiro, C.; Almazán, R.; Portillo, I.; Bicou, M.; Tourne-Garcia, C.; Rodríguez-Camacho, E.; Ono, A.; Gómez-Amorín, Á.; Cubiella, J. Polyprev: Randomized, Multicenter, Controlled Trial Comparing Fecal Immunochemical Test with Endoscopic Surveillance after Advanced Adenoma Resection in Colorectal Cancer Screening Programs: A Study Protocol. Diagnostics 2021, 11, 1520. https://doi.org/10.3390/diagnostics11091520