Ir o contido principal

V XORNADA DA CALIDADE NA SAÚDE PÚBLICA

 

 

A V Xornada da Calidade na Saúde Pública reunirá en Santiago de Compostela profesionais, responsables institucionais e persoas expertas en xestión e avaliación da calidade para compartir experiencias, avances e retos no ámbito da saúde pública.

Ao longo da xornada abordaranse cuestións clave relacionadas coa acreditación, a implantación de sistemas de calidade e a mellora continua nas organizacións públicas, poñendo o foco no cumprimento normativo, a excelencia dos servizos e o benestar laboral.

O programa contará coa participación de representantes de organismos nacionais e internacionais, especialistas en auditoría e certificación, así como profesionais cunha ampla traxectoria no sector sanitario e da saúde pública.

A cita terá lugar o próximo 17 de xuño de 2026 no Salón de Actos da Consellería de Sanidade, en Santiago de Compostela, e servirá como espazo de encontro para fomentar o intercambio de coñecemento, impulsar a innovación na xestión pública e recoñecer o valor da experiencia profesional.

 

  • Data: Mércores 17 de xuño do 2026
  • Hora: 10:00 hr - 13:30 hr
  • Lugar de celebración: Salón de Actos da Consellería de Sanidade, en Lg. San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña)