
O obxectivo da webinar é dar a coñecer a enfermidade de Chagas, o impacto que ten na saúde, a situación actual da enfermidade en España, a súa prevención e a correcta detección. Ademais, realizarase unhas indicacións para o seu correcto diagnóstico, a quen solicitar a proba, como facelo e onde derivar en caso de resultar positivo.
- Formato: Webinar
- Data: 19 de marzo do 2025
- Horario: A partir das 14:00 h
- Detinatarios: Principalmente destinado ao persoal de atención primaria do Servizo Galego de Saúde así como todo tipo de profesionais con implicación ou interesados na materia.
Programa da webinar
Video da Webinar
Pode acceder ao video da webinar a través da seguinte ligazón:
Video informativo
A enfermidade de Chagas é unha infección que moitas veces pasa desapercibida, pero pode causar graves problemas de saúde se non se detecta a tempo.
Neste vídeo realízase unha breve introdución informativa sobre a enfermidade que é o Chagas, como se transmite e como detectala, cales son os seus síntomas e, sobre todo, como previlo.