Ir o contido principal

A.02. Coñecementos básicos de comunicación e transparencia.

Duración
10
Opcións de duración
Horas
Modalidade
Teleformación autoformativa
Obxectivo principal

Coñecer os fundamentos e procesos de transparencia dos gobernos e da Administración Pública de xeito que se fortaleza a comunicación coa cidadanía.

Obxectivos específicos
  • Coñecer os fundamentos e principios da transparencia e o acceso á información.
  • Coñecer a utilidade para uso e interno e a cidadanía dos ‘open data’ ou datos abertos.
  • Comprender os límites entre o acceso aos datos e información en aberto e os datos persoais protexidos pola lexislación.
  • Coñecer estratexias de comunicación actuais baseadas nos medios sociais para unha comunicación clara e directa coa cidadanía.
Contidos
  • O Goberno Aberto.
    • Mecanismos asociados ao desenvolvemento da Lei 1/2016 de 18 de Xaneiro, de “transparencia e bo goberno”.
  • Administración electrónica e datos abertos.
    • Open Data no ámbito da saúde pública.
    • Catálogo de datos abertos do sector público autonómico.
  • O exercicio de acceso á información pública no ámbito da saúde.
    • Equilibrio entre o dereito á protección de datos e o dereito de acceso á información.
  • Mecanismos de coordinación e control.
  • Participación 2.0.
    • Canles corporativas e institucionais de comunicación coa cidadanía.
Perfil da persoa participante
Persoal administrativo
Persoal de xefatura
Persoal técnico
Competencias asociadas
Aprendizaxe Permanente
Orientación Ao Servizo E A Cidadanía
Tramitación Administrativa