Ir o contido principal

B.2.1.6 Coñecementos técnicos de supervisión

Duración
5
Opcións de duración
Horas
Modalidade
Preferentemente telepresenza
Formación presencial
Teleformación autoformativa
Obxectivo principal

Coñecer as directrices e a metodoloxía da supervisión do Control Sanitario Oficial no ámbito da inspección de saúde pública co fin de mellorar o grado de implantación e a calidade do control sanitario oficial no ámbito da seguridade alimentaria e a sanidade ambiental.

Obxectivos específicos
  • Coñecer o procedemento para realizar a supervisión do persoal que realiza control sanitario oficial.
  • Detectar as areas de mellora durante a realización do control oficial de Saúde Pública co fin de adoptar medidas.
Contidos

Desenvolvemento da acción supervisora.

  • Unidades supervisoras.
  • Os métodos de supervisión.
  • Criterios para a planificación da supervisión.
  • Aspectos a supervisar e rexistro.

Medidas a adoptar polas unidades supervisoras.

Perfil da persoa participante
Persoal de xefatura
Persoal técnico
Competencias asociadas
Atención ás normas
Xestión Da Calidade